Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Cultura Galega

Enlace publicado na páxina web de Cultura Galega, unha plataforma de información e difusión cultural que forma parte das actividades de divulgación do Consello da Cultura Galega, institución cuxa existencia vén determinada polo Estatuto de Autonomía de Galicia.


O artigo elaborado por Cultura Galega baixo o título A cultura xeolocalizada afonda na aposta que fan cada vez máis iniciativas polos mapas como un xeito de visibilizar o legado cultural da nosa terra. Dividindo estas iniciativas en función das características dos elementos xeolocalizados, no ámbito da arquitectura histórica galega, Proxecto ARGA é mencionada entre outras plataformas virtuais de carácter cultural.

A medio camiño entre a arte e a ciencia, os mapas son dende hai milleiros de anos unha das creacións máis particulares da humanidade. Ferramentas para navegar e para coñecer a nosa contorna, elementos decorativos ou representacións de utopías e mundos imaxinarios, a iconografía desenvolvida arredor destes elementos empregouse e emprégase de múltiples xeitos. Na actualidade, ao abeiro do desenvolvemento da rede e das posibilidades que achegan as tecnoloxías de xeolocalización, os mapas están a se facer máis presentes ca nunca. E entre os ámbitos que están a descubrir as súas posibilidades está tamén a nosa cultura.

Un dos usos máis evidentes que se lles pode dar aos mapas desde unha perspectiva cultural é a xeolocalización de elementos de interese. Ao seguir o ronsel doutros ámbitos, diferentes iniciativas do noso país, en moitos casos nadas da man da sociedade civil, aproveitan o potencial das ferramentas en liña para situar con coordenadas diferentes propostas. Non entanto, as posibilidades van moito máis alá de sinalar onde se localizan os sitios.

(…) Situar no mapa os elementos dunha base de datos facilita a súa visualización e pode achegar perspectiva sobre a concentración e a dispersión territorial do que se está a tratar ou as tendencias no xeito no que se distribúa sobre a nosa xeografía. Nesta liña de traballo cómpre salientar [entre outros] (…) Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia, (…) [onde] os puntos no mapa achégannos planos, imaxes ou información sobre edificios singulares polas súas características ou a súa historia.