Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Blog

Call for Papers

Proxecto ARGA cumpre en setembro dous anos, e estamos preparando algo especial para celebrar tan importante acontecemento –léase con ironía, pero tamén co orgullo de quen o escribe–.

E como non, queremos que formedes parte da celebración. Así que aproveitando que aínda non estades de vacacións, poñemos en marcha os preparativos.


Xa sabedes que en Proxecto ARGA entendemos a rehabilitación como a recuperación dun inmoble, que se atopaba temporalmente abandonado ou privado da súa funcionalidade, e que volve á vida social mediante un novo uso, é dicir, a través da súa reutilización.

Partindo deste concepto facemos unha chamada de participacións, ou como está tan de moda agora, un call for papers.

Se queredes formar parte da celebración do segundo aniversario de Proxecto ARGA basta con que nos enviedes un mail a contacto@proxectoarga.com antes do 1 de agosto no que aparezan os principais datos da intervención –nome, arquitecto, historia do edificio, memoria do proxecto, etc…– xunto cun plano representativo da actuación e cun grupo de imaxes que recollan tódalas etapas –a poder ser– do proceso de transformación.

Non hai límites… pero obvia dicir que canta máis información enviedes, máis completa aparecerá a ficha na web. E lembremos que o principal obxectivo de Proxecto ARGA é divulgar e poñer en valor todas as Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia para que cheguen á maior cantidade posible de amig@s.

Agardamos impacientes as vosas colaboracións!