Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Blog

Felices Festas!

Xa se vai albiscando o final do ano… e en Proxecto ARGA toca facer balance.

O 2020 foi un ano peculiar, raro, distinto, singular... pero cheo de rehabilitacións. Nestes últimos doce meses seguimos a compartir con vos novas Arquitecturas Rehabilitadas, coas súas correspondentes historias e proxectos, sempre ilustradas. Tamén puxemos de manifesto novas arquitecturas que agardan a súa segunda oportunidade baixo a ameaza do esquecemento e da ruína; e viaxamos a través do tempo con outras edificacións para xogarmos ao quen te viu e quen te ve...

Pero o mellor de todo foi que en ningún momento deste intenso percorrido estivemos sos... E aproveitamos a ocasión para darvos ás grazas a tod@s, a eses máis de cinco mil amigos e amigas que nos acompañades cada día nas redes sociais. Sen vos, Proxecto ARGA non tería sentido.

E desexándovos o mellor para o novo ano que comeza, agardamos vervos a tod@s o ano que vén e seguir gozando xuntos das Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia.

Bo Nadal e Feliz 2021!