Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Blog

Premios 'Gran de Area' 2018

Os premios Gran de Area de aportación á Arquitectura son unha aposta do Colexio de Arquitectos de Galicia na provincia de Pontevedra e Ourense, para o recoñecemento do traballo de arquitectos, promotores, aparelladores, construtores e demais colaboradores necesarios, nas obras e proxectos de calidade desenvolvidos nas demarcacións de Vigo, Ourense e Pontevedra.

A selección realizada vai encamiñada a mostrar que a Arquitectura e posible e próxima. Que os axentes intervenientes e recoñecidos nas obras presentadas, dende a súa responsabilidade e a escala da intervención, poden aportar a que o entorno sexa mellor, e sexa expresión da cultura arquitectónica e os valores colectivos de esta sociedade e este tempo.

Os premios Gran de Area de aportación á Arquitectura pretenderon, sempre, ser un vehículo de comunicación coa sociedade, do que na contorna próxima, e xurdido da propia sociedade, se ten feito de calidade, como proxecto ou como obra, ao longo do ano previo.

Este ano foron cincuenta e seis as propostas presentadas, de moi diversas escalas e localizacións.

O xurado para a avaliación das obras presentadas, estivo composto polas seguintes persoas: Antonio Davila Alonso (Presidente da delegación de Vigo do COAG), Manuel Abelleira Argibay (Presidente da delegación de Pontevedra do COAG), Alberto de Paula Prieto (Presidente da delegación en Ourense do COAG), Marta Vilas Rodríguez (colexiada da Delegación de Vigo seleccionada por la Xunta Directiva de Vigo), Paula Alfonso Laya (colexiada da Delegación de Pontevedra seleccionada por la Xunta Directiva de Pontevedra), Mónica Rúa Ferreño (colexiada da Delegación de Ourense seleccionada por la Xunta Directiva de Ourense), Severo Fernández Castro (colexiado seleccionado entre os premiados nos Premios Gran de Area da edición anterior), e María Mariño de Oya (secretaria da delegación de Vigo do COAG, que actuou como secretaria do xurado con voz pero sen voto).

Finalmente, os doce proxectos premiados foron:

  • Acondicionamento de nave para oficinas marítimo pesqueiras no porto de Vigo, de Castro Andrade e González Ferro.
  • Edificio de Oficinas Exlabesa en Valga, de Ansede Viz e Quintáns Arrondo.
  • Escola Infantil ‘A Baiuca’ en A Estrada, de Abalo Alonso e González Varela.
  • Nave industrial en Nigrán, de Leopoldo Alonso-Lamberti Casuso.
  • Perruquería Sona Portela, de Monteagudo García e López Velasco.
  • Reforma de Vivenda 2001 en Pontevedra, de María Gracia Amandi Joglar.
  • Rehabilitación de vivenda en Vigo, de Castro Andrade e González Ferro.
  • Rehabilitación do antigo Hospital Espiritu Sancti con destino a Biblioteca en Arquivo Histórico en Baiona, de Murado & Elvira.
  • Rehabilitación parcial de edificios de vivendas en Vigo, de Cendón Vázquez.
  • Restauración da portada norte do cruceiro da Catedral de Ourense, de Seoane Feijoo e López Calvo.
  • Taberna Morrofino en Vigo, de Fernández Penedo e Fuertes Dopico.
  • Vivenda unifamiliar en Pereiro de Aguiar, de Castro Armesto, González Rodríguez e Dousde Arquitectura.

Parabéns a tódol@s premiad@s!!!